Máis de 500 alumnos e alumnas, equipo docente e demais persoal do Liceo La Paz xuntámonos diante do Centro para facer un acto de apoio á nosa exalumna Ana Baneira, detida ó seu paso por Irán mentres estaba a facer unha viaxe de mochileira por Oriente Medio e Asia Central.
Os alumnos de ESO e Bacharelato despregaron varias pancartas de apoio á súa compañeira, e os mestres do conservatorio Orentino Sueiro e Wilson Ortega, interpretaron para ela a canción Gabriel’s Oboe de Ennio Morricone. Ó finalizar, todos adicámoslle un minuto de aplausos.
Os seus profesores falan dela marabillas na súa etapa no Liceo: “É unha rapaza sinxela, equilibrada, elegante, discreta, tímida, de profundos valores e sincera. Sempre tivo unha palabra amable e demostraba agarimo cando te cruzabas con ela polos pasillos.”
Comentarios recientes