06
oct


Este curso estreamos moi ilusionados a actividade de Arbitraxe de Baloncesto.

 

O Director do Comité Galego de Árbitros da Federación Gallega de Baloncesto, Miguel Ángel Pérez e o Director Técnico do Liceo la Paz, Martín López, asinaron este martes un convenio que fai desta actividade unha iniciativa pioneira en Galicia.

 

A actividade, dirixida a alumnos/as de 14 e 15 anos, impartirase tódolos martes da man de Laura Piñeiro, árbitro Grupo 1 da Federación Española de Baloncesto.

 

A Arbitraxe de Baloncesto ten unha función educativa rica na formación de valores éticos e na aprendizaxe especializada dunha disciplina deportiva.

 

Despois da grande acollida que tivo hai uns anos a actividade de Arbitraxe de Fútbol no noso Centro, auguramos moito éxito a esta nova iniciativa.

0 No comments

Comments are closed.