05
nov


Campaña solidaria “#DespuesDelBarro”

 

Dende a Confederación Española de Centros de Ensinanza, CECE convídannos a unirnos a unha iniciativa solidaria que toca todos os nosos corazóns. A revista “Cuadernos de Pedagogía” puxo en marcha a campaña #DespuesDelBarro para apoiar aos centros educativos da Comunidade Valenciana que sufriron importantes danos pola DANA que afectou recentemente á comarca.

 

Moitos centros educativos perderon case todo: pupitres, material escolar, tecnoloxía… E dende “Cuadernos de Pedagogía”, xunto con outras organizacións, queren axudarlles a construir estes espazos para que o alumnado poida volver ás súas clases en condicións dignas.

 

Como podemos axudar?

 

Cunha achega económica: Podes facer unha doazón directamente na conta bancaria habilitada para a campaña:

  • Entidade bancaria: Triodos Bank, N.V. SER.
  • Número IBAN: ES90 1491 0001 2530 0011 0222
  • SWIFT/BIC: TRIOESMMXXX

 

Cunha colaboración en especie ou voluntariado: Ademais do apoio económico, necesítanse materiais como mobiliario escolar, libros, tecnoloxía, etc. Se queres colaborar doutro xeito ou tes algo que doar podes contactar directamente coa campaña no correo electrónico: despuesdelbarro@fundaciontrilema.org.

 

É o momento de unirnos e apoiar estes colexios e escolas. Cada gran de área conta para que milleiros de nenos e nenas poidan recuperar as súas aulas e aprender de novo nun ambiente seguro e axeitado.

0 No comments

Comments are closed.