07
ago


 

Hoxe, 6 de agosto de 2024 publicouse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, a listaxe provisional de concesión e denegación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2024/2025. Os listados identificarán as solicitudes atendendo ao número de expediente asignado.

 

Pódense consultar en:

 

As persoas propostas como beneficiarias e segundo o establecido no punto 7.1 das bases reguladoras para gozar da bolsa comedor, deben realizar as xestións oportunas co provedor ou entidade xestora do servizo de comedor para ter asignada, ao comezo do curso escolar (setembro), unha das prazas dispoñibles para a prestación deste servizo nun centro escolar do termo municipal na modalidade presencial e con asistencia continuada de luns a venres.

 

As persoas interesadas poderán facer alegacións do 7 ao 21 de agosto (ambos os incluídos), as cales se poderán presentar en calquera dos rexistros municipais, na sede electrónica do Concello da Coruña ou por calquera outro medio previsto no artigo 16.4 da lei 39/2015 de 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas.

0 No comments

Comments are closed.