08
ago


 

O venres 4 de agosto de 2023 publicouse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, a proposta de resolución definitiva de concesión e denegación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2023-2024. Os listados identificarán as solicitudes atendendo ao número de expediente asignado. Pódense consultar en:

 

 

Lémbrase que as persoas beneficiarias de bolsa deberán dispor de praza asignada pola entidade xestora do servizo do comedor solicitado, que permita a súa incorporación ao dito servizo durante todo o período subvencionado.

 

As persoas propostas como beneficiarias deberán aceptar ou renunciar á axuda nun prazo de DEZ (10) DÍAS HÁBILES do 07/08/2023 ao 21/08/2023, ambos incluidos, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora e Franxa), no rexistro telemático da sede electrónica municipal así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

Transcorrido o prazo sen realizarse a renuncia, entenderase que as persoas beneficiarias aceptan a axuda concedida.

0 No comments

Comments are closed.