18
jul


 

O 17 de xullo de 2023, o Concello da Coruña publicou no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, a listaxe provisional de concesión e denegación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2023-2024. Os listados identificarán as solicitudes atendendo ao número de expediente asignado.

 

Pódense consultar en:

 

As persoas beneficiarias de bolsa deberán realizar, no prazo habilitado por cada entidade xestora do comedor, os trámites necesarios (matrícula, reserva de praza…) para dispor dunha praza que permita a súa incorporación ao servizo de comedor durante todo o período subvencionado.

 

O prazo para a presentación das alegacións é de 10 días hábiles, do 18 de xullo ao 1 de agosto de 2023, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora e Franxa), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

O prazo para a presentación da documentación requirida é do 23 de xuño ao 6 de xullo, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal, así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

0 No comments

Comments are closed.