04
oct


Onte 3 de outubro de 2019, publicáronse nas oficinas dos rexistros municipais, taboleiros de anuncios dos centros cívicos municipais, no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, na páxina web municipal da área dos servizos sociais e no teléfono de información cidadá 010 do Concello da Coruña, a listaxe provisional de bolsas concedidas e denegadas da convocatoria do Programa de bolsas de comedor do Concello da Coruña para o curso 2019-2020.

 

Nesta listaxe indícanse as causas de exclusión e concédese un prazo de 10 días hábiles para presentar alegacións, que será do 4 ó 17 de outubro de 2019, ambos inclusive.

 

Trala resolución das alegacións que se presenten publicarase a lista definitiva de bolsas concedidas e denegadas dentro deste programa.

0 No comments

Comments are closed.