08
nov

Desde o 9 de novembro ata o 30 de novembro estará aberto o prazo para a inscrición no

programa Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos

medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido,

Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. O proxecto é desenvolto pola Concellaría de Xustiza

Social e Coidados, a través do Servizo Municipal de Educación. A inscrición pode facerse a

través da páxina web www.edu.coruna.es

O programa está dirixido a titulados en ciclos medios de FP y desenvolverase, ata xuño de

2017, en dúas convocatorias. A primeira, que se abre o 9 de novembro e que consta de 30

prazas, está dirixida a estudantes que remataron os seus estudos de ciclos medios de FP en

xuño de 2015 ou que vaian a rematar en decembro de 2015. A segunda convocatoria, de 20

prazas, estará reservada para estudantes que titulen en xuño de 2016.

Neste sentido, para poder participar os candidatos teñen que obter o título do seu ciclo de FP

en algún dos centros públicos do municipio (CIFP Anxel Casal, CIFP Paseo das Pontes, CIFP

Someso, IES A Sardiñeira, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Urbano Lugrís, IES Calvo Sotelo, IES

Fernando Wirtz ou nos centros concertados Fogar de Santa Margarida, Grande Obra de

Atocha, Liceo la Paz ou Centro de Formación da Cruz Vermella, que son os centros que

participan como socios no programa.

As 50 bolsas distribuense da seguinte maneira:

– Reino Unido (Portsmouth ou Belfast): 7 prazas

– Irlanda (Cork ou Dublín): 8 plazas

– Italia (Roma e Florencia): 15 prazas

– Austria (Viena): 5 prazas

– Portugal (Lisboa): 10 prazas

– Polonia (Cracovia): 5 prazas

As bolsas incluen todos os gastos, xa que cubren as viaxes de ida e volta, o aloxamento, un

seguro de accidentes e sanitario e ademáis os participantes recibirán unha cantidade

económica para a súa manutención e estadía. Esta cantidade pode oscilar aproximadamente

entre os 600 e 1.000 euros mensuais, dependendo do país de destiño. O Concello tamén se

encarga de organizar as viaxes, a búsqueda de aloxamentos para os participantes e a búsqueda

das empresas donde farán as prácticas os seleccionados.

Máis información, en www.edu.coruna.es

0 No comments

Comments are closed.