09
dic

 

O Concello da Coruña vai por en marcha o programa Bolsas USA 2022-23, no que se lle ofrece a oportunidade ós alumnos e alumnas de 4º de ESO, residentes na cidade da Coruña, de cursar o Grao 11 en EE.UU. (equivalente a 1º de Bacharelato).

 

A información relativa ó programa está subida na web de Educación do Concello da Coruña. Podedes acceder aquí directamente á información do programa.

 

Os requisitos que teñen que cumplir as persoas interesadas son os seguintes:

    • Residir e estar empadroado no Concello da Coruña xunto co seu pai e/ou a súa nai ou representante legal, no seu caso, no momento da solicitude.
    • Estar matriculado e cursando 4º de ESO no curso escolar 2021-22 nun centro da cidade da Coruña.
    • Contar no curso de 3º de ESO cunha cualificación media de 6,5 puntos ou máis e non ter ningunha materia suspensa.
    • Contar no curso de 3º de ESO cunha cualificación de 7 puntos ou máis na materia de lingua estranxeira (inglés).
    • Dar o consentimento, tanto do menor como dos seus proxenitores ou titores legais, no seu caso, para participar no programa e aceptar as bases que o regulan.

 

O prazo de inscrición vai do 9 ao 30 de decembro. O día 9 de decembro ás 12:00 h abre a ficha de inscrición específica, que se atopa na web de educación. As persoas interesadas teñen que inscribirse a través desa ficha en liña e, unha vez que se inscriban e recompilen a documentación requerida nas bases, xa poden entregar toda a documentación por rexistro.

 

No caso de que xurdan dúbidas en relación co programa podedes poñervos en contacto a través do e-mail educacion@coruna.gal, indicando un número de teléfono de contacto, ou chamando ao 981 18 42 00.

0 No comments

Comments are closed.