12
feb

O pasado venres publicouse no DOG a Resolución da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

 

A inscrición debe realizarse, ata o 28 de febreiro, a través desta ligazón, tanto para a modalidade presencial como en liña.

0 No comments

Comments are closed.