31
dic


 

Despois de 4 días moi intensos, 6 partidos emocionantes, e de chegar ó set de desempate na final (tanteo de 16-14), o noso equipo acadou o primeiro posto na Copa de España de Voleibol celebrada en Valladolid, na competición Xuvenil 3.

 

O martes, o equipo comezaba a competición con dous partidos emocionantes xogados de manera maxistral, co resultado de duas vitorias. O primeiro posto do grupo poñíase moi de cara, o que significaba meterse entre as 6 mellores da competición e loitar polas medallas.

 

No derradeiro partido, xa o mércores, foi o turno para as máis pequenas do grupo, todavía en idade infantil, que resolveron con outra vitoria, demostrando do que son capaces.

 

Xa na loita por gañar unha medalla, os dous encontros que clasificaron ó equipo para a final foron de infarto. O primero resolveuse cunha espectacular remontada despois de empezar perdendo 1-5, e o segundo non chegou a set de desempate polo acerto final que cerrou o partido cun parcial de 27-25. Vitoria e billete para a final.

 

E xa coa medalla asegurada, os nervios non superaron á capacidade de loita, ás ganas… e malia que as gorxas xa non podían máis, puidose aínda un pouco máis. Impedindo a remontada do AD Don Benito e sufrindo en equipo pechouse o partido e o torneo.

 

Ouro. Apertas. Saltos. Felicidade.

 

Hoxe este EQUIPO (con maiúsculas) recolle unha merecida recompensa ao seu incansable traballo.

 

Parabéns campioas!

 

0 No comments

Comments are closed.