O pasado sábado, os nosos alumnos e alumnas do Liceo participaron un ano máis no Día da Ciencia na Rúa, no parque de Santa Margarida. Foi unha xornada intensa e divertida, na que se amosaron diversos experimentos, moi ben presentados e explicados polos rapaces.
Este ano participamos coas seguintes seccións:
- Laboratorio de química,
- Ter chispa mola,
- A ciencia atráeme,
- Reláxate e flota,
- Bicilextric,
- Es o que comes,
- Límpate e limpa o planeta,
- Xogo de xigantes,
- Seguridade vial programada.
Para que todo funcionase foi necesaria a colaboración de moitas persoas do colexio, algúns máis visibles e outros menos, pero todos imprescindibles. Xuntos conseguimos de novo pasar un día estupendo coa ciencia e os alumnos como protagonistas.
Convidámosvos a formar parte deste Equipo do Día da Ciencia na Rúa para o vindeiro curso!
Comentarios recientes