full
without
https://www.liceolapaz.com/wp-content/themes/smartbox-installable/
https://www.liceolapaz.com/
#119247
style1

Dinamización da lingua

Dinamización da lingua

Todos os proxectos de fomento da lingua galega parten e baséanse na Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, que establece, entre outras, a obriga dos poderes públicos de garantir o uso normal do galego, como lingua propia e oficial de Galicia, e, polo tanto, tamén no ensino en todos os niveis educativos.

Concretamente, no artigo 14 da citada lei, que  desenvolve a Constitución española e o Estatuto de autonomía de Galicia, establécese expresamente que a lingua galega é materia de estudo obrigatorio en todos os niveis educativos non universitarios e que se garantirá o uso efectivo deste dereito en todos os centros públicos e privados. No parágrafo 3 do mesmo artigo, encoméndaselles ás autoridades educativas da comunidade autónoma garantir que, ao remate dos ciclos educativos en que o ensino do galego é obrigatorio, o alumnado debe coñecer esta lingua, nos seus niveis oral e escrito, en igualdade co castelán. Igualmente, a Administración educativa debe desenvolver e apoiar aquelas medidas que axuden a incrementar o uso da lingua galega na comunidade educativa.

Nesta mesma liña tamén se pronuncian a Carta europea das linguas rexionais e minoritarias de 1992 (ratificada polo Goberno español en 2001), o Plan xeral de normalización da lingua galega (aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia en setembro de 2004) e a Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.

O Plan xeral de normalización  do galego de setembro de 2004, reitera a necesidade de promover medidas favorables ao galego para conseguir equiparar o nivel de competencia do alumnado en lingua galega e castelá, así como para corrixir a situación social de desigualdade entre os dous idiomas oficiais de Galicia.

Ademais o Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo, desenvolve a Lei de normalización lingüística para a súa aplicación en todos os centros docentes públicos e privados que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

O Decreto 79/2010 do 20 de maio para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia incide na necesidade de afondar na Lei de Normalización no tócante ao ensino, reforzando todos os niveis comunicativos do galego. Así, deberíase facilitar unha oferta educativa para capacitar un uso correcto do galego en todos os ámbitos, por suposto fornecendo un emprego non sexista da lingua. No artigo 15 do Decreto 79/2010 do 20 de maio disponse a creación de Equipos de Dinamización da Lingua Galega para potenciar o uso da lingua galega nos centros educativos. Estes equipos terán un papel fundamental no deseño, posta en práctica e revisión dos programas de promoción da lingua galega.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Centro, que é o órgano encargado da elaboración do proxecto lingüístico, está constituído co obxectivo de coordinar, planificar e promover actividades encamiñadas a conseguir o uso do galego dentro do centro escolar e tamén para incidir na comunidade educativa con actividades que fomenten o uso normal da lingua galega.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro está formado por varios profesores das diferentes etapas, dous alumnos e dous membros do persoal non docente:

Coordinador: Juan Javier Bello Noya (profesor en ESO e coordinador do Departamento de Lingua Galega e Literatura)

Director Técnico: Martín López Álvarez

Profesorado  de Educación Infantil: Purificación Rivera Catoira

Profesorado de Educación Primaria: Carlos Pérez-Roca Fernández

Profesorado de Educación Secundaria:  María Jesús López Taboada, Ramón Suárez Hernández e Ana Isabel Gutiérrez Calvete, Ana Gómez Sierra.

Persoal non docente: Patricia Bermúdez Parapar  e Rafael Pérez-Roca Fernández

Alumnos: Mencía Gay Amor (3º de ESO), Jorge López Juiz (1º de BAC).

  • A CONTORNA SOCIOLINGÜÍSTICA DO CENTRO

O CPR Liceo La Paz atópase no barrio coruñés de Matogrande, ocupando unha superficie, superior aos vinte mil metros cadrados. É un colexio moi grande, só os profesores son máis de cento cincuenta, o persoal non docente supera as 50 persoas e os alumnos alcanzan e pasan dos dous mil cen alumnos.

A maioría dos estudantes proceden do barrio de Matogrande, pero tamén de Eirís, O Castrillón, Monelos e Novo Mesoiro. Unha porcentaxe moi pequena procede de concellos limítrofes como Oleiros, Cambre, Culleredo e Arteixo.

Xa antes de existir o barrio, dende finais dos anos 90 do século pasado, o Liceo xa estaba alí. Matogrande é un barrio que atraeu a xente nova no momento da súa creación cun nivel adquisitivo medio e alto. Está cheo de establecementos comerciais de todo tipo: cafeterías, restaurantes, hoteis, supermercado, barberías, perruquerías, veterinarios, oficinas de banco, panaderías, residencias de anciáns, farmacias… O idioma predominante nas súas rúas e establecementos  é o castelán. Aínda que é posible encontrar persoas, tanto veciños como traballadores da zona, que falan galego habitualmente.

  • SITUACIÓN LINGÜÍSTICA DO PROFESORADO

A realidade lingüística do profesorado, que está perfectamente preparado para falar en galego por porcentaxes, é como segue: o profesorado que sempre fala galego ou o fala habitualmente é o 15%, un 30% sempre fala en castelán e o 55% restante falan e escriben habitualmente en castelán,  pero utilizan o galego para falar con quen se dirixe a eles no idioma propio de Galicia.

Notamos un crecente interese, sobre todo entre os profesores e profesoras máis novos,  polo galego e vémolos dispostos a participar en calquera iniciativa a prol da difusión deste.

  • SITUACIÓN LINGÜÍSTICA DO CENTRO

O galego e o castelán conviven de maneira desigual no centro.  Fóra do meramente profesional,  a gran maioría utiliza o castelán, aínda que é fácil atopar unha utilización do galego en charlas informais.

A documentación administrativa oficial está en galego e os comunicados ás familias acostuman ir nos dous idiomas oficiais da Comunidade.

Este curso estamos conseguindo que unha de cada dúas comunicacións internas do Centro estean en galego.

  • SITUACIÓN LINGÚÍSTICA DO ALUMNADO

O curso pasado os profesores da materia de lingua galega de 3º de ESO e 2º de ESO, en coordinación co EDLG do centro, elaboraron unha enquisa para actualizar os datos dispoñibles sobre o uso do galego por parte dos estudantes e os seus familiares, amigos e coñecidos de tres xeracións distintas. Os resultados foron os seguintes:

  • A xeración dos estudantes utilizan case que exclusivamente o castelán, salvo aqueles que teñen familiares en vilas e aldeas. Estes últimos empregan o galego cos familiares e amigos destes lugares, pero na cidade empregan case que exclusivamente o castelán.
  • A xeración dos seus pais empregan máis castelán que galego. A maioría coincide en que é importante manter o galego e este foilles de utilidade en moitos traballos. Curiosamente, observamos que a maior nivel de estudos máis interese por manter o idioma. Algúns, incluso, tras estas enquisas, publicadas nas clases e comentadas na casa polos propios alumnos, decidiron falar cos fillos unha vez por semana, para que se vaian acostumando a falalo.
  • A xeración dos avós dos nenos utiliza preferentemente o galego, salvo aqueles que naceron na cidade que non o falan. Soen falar cos seus netos en galego, moitas veces porque é a única lingua que coñecen.

Constatouse coa enquisa que seguen existindo prexuízos lingüísticos entre moitas familias, dos que non podemos desbotar os nosos alumnos. As máis delas consideran a lingua galega só útil para utilizaren en Galicia. Non é estraño nunha cidade na que só un 20% da poboación usa o galego de forma habitual e lembrando que a maioría do noso alumnado é fundamentalmente urbano (entre o 90% e o 95%).

Estes resultados, por outra parte esperables, coñecendo as particularidades do noso centro, non nos van apartar do noso labor de impulsar o galego no mesmo. De feito, notamos unha evolución a mellor, lenta, pero progresiva.  Se ben o castelán é maioritario, como lingua habitual de uso, observamos que se alguén se dirixe en galego aos nosos alumnos, a maioría soe responder tamén en galego e o mesmo pasa co persoal docente e non docente.

Obxectivos

O  EDLG  do noso centro  ten por diante retos e obxectivos a conseguir numerosos e variados, pero o máis evidente e principal obxectivo e punto de partida é o de potenciar o uso normal da lingua galega no CPR Liceo La Paz e en toda a comunidade educativa, dándolle á lingua galega o valor que merece e rexeitando os prexuízos lingüísticos que aínda observamos.

Vemos como moi importante o “facer o máximo ruído”, isto é, facer visible a lingua galega no centro. Coordinar, promover, propoñer, planificar, estimular todo tipo de accións conducentes a conseguir o uso normal do galego tanto dentro como fóra do  centro por parte da nosa comunidade educativa.

  • OBXECTIVOS RELACIONADOS COA CONTORNA DO CENTRO

  1. Facer visibles os proxectos e actividades do centro, a través das redes sociais e se é o caso a través da prensa e doutras entidades para que a cidadanía da contorna coñeza o compromiso coa lingua galega do centro.
  1. Compartir experiencias normalizadoras con outros centros educativos, institucións… para acadar unha dinámica normalizadora enmarcada nun proxecto social máis amplo.
  1. Divulgar no blog do EDLG do centro, de recente creación, novas culturais relacionadas ou que teñan que ver coa lingua e cultura galegas: premios literarios, concertos, obras de teatro, novidades na rede…
  1. Colaborar con todas as entidades, clubs deportivos, asociacións do barrio de Matogrande ou da cidade que nolo soliciten.
  • OBXECTIVOS RELACIONADOS CO PROFESORADO DO CENTRO

  1. Proxectar iniciativas de uso da lingua galega en actividades educativas de departamentos que inicialmente non usan a lingua galega como lingua vehicular da súa materia.
  1. Dar apoio lingüístico a todo o persoal docente que o solicite.
  1. Fomentar a superación de vellos prexuízos lingüísticos no ámbito do profesorado.
  1. Animar a falar e escribir en galego ao profesorado.
  1. Aconsellar material didáctico, lecturas de textos literarios, páxinas en liña en galego.
  1. Animar ao profesorado a usar software en lingua galega.
  • OBXECTIVOS ORIENTADOS CARA Á NORMALIZACIÓN NO ALUMNADO
  1. Promover o uso da lingua galega nas súas conversas persoais no centro e fóra del.
  2. Animar ao alumnado a escribir en lingua galega todo tipo de textos tanto no centro como fóra del, no ámbito persoal.
  3. Concienciar para evitar os prexuízos lingüísticos contra a lingua galega e, do mesmo xeito, a todas as demais linguas.
  4. Concienciar ao alumnado de que a lingua galega forma parte de todos os galegos e que é o seu deber conservala e transmitila ás novas xeracións.
  5. Informar a través do blog do EDLG de novas culturais e lingüísticas de interese.
  6. Transmitir ao alumnado o labor que leva a cabo o EDLG e os seus dereitos a utilizar a lingua galega.
  7. Invitar ao alumnado a concursar en certames literarios, plásticos, científicos…
  8. Promover o uso da lingua galega na rede.

  • OBXECTIVOS ORIENTADOS Á NORMALIZACIÓN NO CENTRO

  1. Potenciar a presenza da lingua galega no centro.
  2. Dar maior visibilidade á lingua no centro a través de todo tipo de actuacións: carteis, mensaxes, mostras, exposición de actividades…
  3. Mellorar as actitudes cara á lingua galega.
  4. Concienciar da importancia do fomento da lingua galega no centro.
  5. Contribuír decididamente na normalización da lingua no centro.
  6. Promover todo tipo de actividades en lingua galega.
  1. Incorporar máis adeptos á causa normalizadora da lingua.

ACTIVIDADES PARA O CURSO 2024 – 2025

Algunhas das actividades que proxectamos realizar neste presente curso son multianuais, vanse repetindo ano a ano. Outras, en cambio, aparecen este curso e pensamos que, se teñen o éxito que esperamos, pasarán tamén a ser multianuais.

Dependendo das actividades os receptores das mesmas varían, pero basicamente son toda a comunidade educativa – alumnado, persoal docente, persoal non docente, familias – ,  a comunidade ou contorna que rodea o centro ou outras entidades coas que se colabora  ou que colaboran connosco.

Primeiro trimestre

  • O magosto

Unha actividade que se repite ano tras ano é a de dar a coñecer aos máis pequenos do centro, Educación infantil, a importancia da chegada do outono e da tradición galega do magosto. Os pais colaboran activamente mandando e cociñando produtos típicos desta época do ano. O evento desenvólvese tanto en galego como en castelán.

Obxectivos: 1, 5, 6, 8, 19, 20, 23, 25.

  • O Samaín

Outra actividade que se repite ano tras ano é a celebración do Samaín. Esta dirixida ao alumnado de educación Infantil e educación Primaria. A celebración da noite dos mortos vai dende un concurso de cabazas, na que participan os pequerrechos axudados polos pais, ata unha enchente e baile de disfraces. Os profesores de ambas etapas participan activamente na celebración.  Galego e castelán utilízanse  por igual na celebración.

Obxectivos: 1, 5, 6, 8, 19, 20, 23, 25.

  • Taller de prehistoria

Como reforzo á explicación do tema da prehistoria en 1º ESO, materia de Xeografía e Historia, tres arqueólogos do Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (Pontevedra) desprázanse todos os cursos para compartir coñecementos cos alumnos e alumnas. Os especialistas traen consigo material que replica as ferramentas dos seres prehistóricos e ensinan ao alumnado a facer lume servíndose dun arco. A actividade realízase enteiramente en lingua galega.

Obxectivos: 12,13,14, 22, 23, 24, 25.

  • Proxecto “O Proceso electoral”.

Os profesores de 3º ESO de Xeografía e Historia, coa colaboración dos departamento de Plástica e de Lingua Galega e o asesoramento  lingüístico do EDLG, elaboran un proxecto no que ensinan aos alumnos o proceso electoral democrático. Dende a creación de partidos políticos co seu propio programa electoral, a confección de carteis electorais, debate entre os aspirantes, votación (todos os alumnos e alumnos da ESO poden votar), proceso de votación, reconto de votos, posibles alianzas entre os partidos, nomeamento do equipo de goberno. A lingua preferentemente empregada é o galego.

Obxectivos: 1, 5, 6, 7, 8, 11, 12, 13, 16, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25.

  • Panxoliñas de Nadal

Todos os anos en Educación Infantil, os pequenos do centro, cantan vilancicos de Nadal e percorren as dependencias do centro, cantándoos tanto en lingua galega como en castelán. Na parte galega asesora o EDLG.

Obxectivos: 1, 5, 6, 13, 14, 19, 20, 21, 23.

  • Charlas de escritores e escritoras

O departamento de Lingua Galega, coa colaboración do EDLG e das editoriais  das autoras, pretende conseguir a visita de tres autoras de libros de lectura da ESO e de Bacharelato. En concreto, visita e charlas de Andrea Maceiras e Ledicia Costas.

Obxectivos: 1, 3, 9, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 23, 24, 25.

  • Blog de Dinamización

A partir deste curso contamos co noso propio blog, antes participabamos no blog xeral do centro, principalmente escrito en castelán. O enderezo do noso blog é blogengalego.liceolapaz.com. Nel iremos publicando toda a información do que vaiamos facendo, recibindo ou que consideremos de utilidade para difundir a lingua e a cultura galegas.

Obxectivos: 1, 3, 4, 9, 15, 16, 17, 18, 20, 24.

  • Proxección de vídeos, documentais, música en galego

Dende o EDLG aportaremos información a todo o profesorado de contido en liña relacionados coa lingua e difusión da cultura galegas. Para este labor contaremos co apoio inestimable do departamento de Lingua Galega.

Obxectivos: 5, 6, 7, 9, 11, 12, 13, 18.

  • Podcasts en galego de Radio Liceo

Todo aquela persoa da comunidade educativa que queira participar na divulgación da lingua galega será invitado a intervir nos podcasts que se cren en lingua galega na emisora que se creou o curso pasado.

Obxectivos: 1, 3, 5, 6, 8, 12, 13, 14, 15, 16, 19,  20, 21, 23, 24, 25.

  • Publicación e promoción na páxina web do EDLG de certames ou premios de interese para a comunidade educativa procedentes doutros centros, institucións, asociación… externas ao centro.

Toda a información pertinente e referente a premios e certames relacionados coa lingua galega que chega ao noso equipo será divulgado na nosa páxina wéber para interese de todos os membros relacionados co noso centro educativo.

Obxectivos: 1, 2, 17, 18, 24, 25.

  • Colaboración con outros EDLG.

Achegar a quen corresponda toda a información e proxectos que nos envíen  outros equipos de dinamización ou o SXPL e corresponder, asemade, con eles enviándolles os nosos.

Obxectivos: 1, 2, 17, 18, 24, 25.

Segundo trimestre

  • Entroido

Esta actividade que se desenvolve nas etapas de Educación Infantil, Primaria e Secundaria é unha actividade que se repite ao longo dos anos. Dende o EDLG propoñemos algunhas tarefas  ao departamento de Lingua Galega relacionadas co Entroido en Galicia, e transmitimos proxectos doutros centros que nos aportan xentilmente os seus EDLG.

Obxectivos: 1, 2, 3, 5, 6, 8, 9, 23, 24, 25.

  • Día de Rosalía de Castro

Esta actividade vén para quedar, como di a canción de Tanxugueiras. Está dirixida a estudantes da ESO e pretende achegar datos sobre a vida, obra e textos de Rosalía para conseguir que os alumnos valoren esta figura importantísima na literatura, en particular, e na cultura galegas. O EDLG e o Departamento de Lingua Galega van da man neste proxecto. Está solicitada a colaboración do Conservatorio de música (poemas musicados de Rosalía) e do departamento de Plástica (confección de carteis).

Obxectivos: 1, 3, 5, 7, 9, 12, 16,18, 19, 20, 21, 22, 24, 25.

  • Proxecto “Axencia de viaxes”

Neste proxecto do Departamento do Xeografía e Historia e orientado a alumnos de 1º ESO colaboran tamén os departamentos de Plástica, Matemáticas, Bioloxía, Lingua Galega e o EDLG do centro.  Os alumnos por grupos deberán propor, previa procura nas redes, unha viaxe para dúas persoas a destinos por todo o mundo, para visitar as marabillas do país que decidan propor.  Deberán buscar voos, hoteis, rutas, organización de cada xornada da viaxe, presuposto… vamos como se fosen unha verdadeira axencia de viaxes.

Obxectivos:1, 6, 7, 8,11, 12, 13, 18, 19, 20, 21. 22. 23, 25.

  • Enquisa sociolingüística e proxecto “1 día en galego”

Para comprobar a evolución do galego no centro os alumnos de 3º ESO levarán a cabo unha enquisa para comprobar a situación do galego na contorna (familia, amigos, veciños, centro educativo e barrio que habitan. Asemade pasarán un día enteiro falando única e exclusivamente galego e anotarán posteriormente as sensación da experiencia (como se sentiron? Como reaccionaron os pais? Imitáronnos? Como foi a reacción das súas amizades? …). A experiencia está dirixida a alumnos de 3º ESO e a súa contorna.

Obxectivos:1, 3, 5, 7, 11, 13, 14, 15, 18, 19, 20, 23, 24, 25.

  • Concurso de Carteis

En Colaboración co Departamento de Educación Plástica e Visual realizarase un concurso de carteis entre o alumnado da ESO para darlle publicidade ao festival das Letras Galegas.

Neste concurso haberá premios para os primeiros clasificados  e o gañador   será escollido para anunciar o festival anual das Letras Galegas do curso 24-25.

Obxectivos: 1, 3, 5, 12, 13, 14, 15, 17, 19, 23, 24, 25.

  • Blog de Dinamización

A partir deste curso contamos co noso propio blog, antes participabamos no blog xeral do centro, principalmente escrito en castelán. O enderezo do noso blog é blogengalego.liceolapaz.com. Nel iremos publicando toda a información do que vaiamos facendo, recibindo ou que consideremos de utilidade para difundir a lingua e a cultura galegas.

Obxectivos: 1, 3, 4, 9, 15, 16, 17, 18, 20, 24.

  • Proxección de vídeos, documentais, música en galego

Dende o EDLG aportaremos información a todo o profesorado de contido en liña relacionados coa lingua e difusión da cultura galegas. Para este labor contaremos co apoio inestimable do departamento de Lingua Galega.

Obxectivos: 5, 6, 7, 9, 11, 12, 13, 18.

  • Podcasts en galego de Radio Liceo

Todo aquela persoa da comunidade educativa que queira participar na divulgación da lingua galega será invitado a intervir nos podcasts que se cren en lingua galega na emisora que se creou o curso pasado.

Obxectivos: 1, 3, 5, 6, 8, 12, 13, 14, 15, 16, 19,  20, 21, 23, 24, 25.

  • Participación no Parlamento Xove, en colaboración coa Xunta de Galicia

Os alumnos de 3º e 4º ESO acudirán ao concurso de debate dialéctico contra equipos doutros centros docentes de toda Galicia. En palabras da institución organizadorao obxectivo deste programa é potenciar as habilidades individuais e en grupo, entre as que destacan o desenvolvemento da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia. Así mesmo, Parlamento Xove fomenta a lectura, a escritura, o emprego das novas tecnoloxías con fins informativos e culturais e o respecto polas ideas dos demais”.

Obxectivos: 1, 2, 3,13,14.

  • Publicación e promoción na páxina web do EDLG de certames ou premios de interese para a comunidade educativa procedentes doutros centros, institucións, asociación… externas ao centro.

Toda a información pertinente e referente a premios e certames relacionados coa lingua galega que chega ao noso equipo será divulgado na nosa páxina wéber para interese de todos os membros relacionados co noso centro educativo.

Obxectivos: 1, 2, 17, 18, 24, 25.

  • Inscrición no proxecto de Radio Líder “Galego nas aulas”.

A emisora escollerá por sorteo 6 centros entre todos os inscritos para elaboras un programa radiofónico que en palabras da emisora “unha proposta innovadora e multimedia dirixida a fomentar o uso da lingua galega entre o alumnado de 1º e 2º da ESO. A iniciativa levará a radio aos centros educativos, ofrecendo un espazo de expresión que permitirá potenciar o uso do galego entre os máis novos”.

Obxectivos: 1, 6, 7, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 23, 24, 25

  • Colaboración con outros EDLG.

Achegar a quen corresponda toda a información e proxectos que nos envíen  outros equipos de dinamización ou o SXPL e corresponder, asemade, con eles enviándolles os nosos.

Obxectivos: 1, 2, 17, 18, 24, 25.

Terceiro trimestre

  • Enquisa sociolingüística e proxecto “1 día en galego”

Para comprobar a evolución do galego no centro os alumnos de 3º ESO levarán a cabo unha enquisa para comprobar a situación do galego na contorna (familia, amigos, veciños, centro educativo e barrio que habitan. Asemade pasarán un día enteiro falando única e exclusivamente galego e anotarán posteriormente as sensación da experiencia (como se sentiron? Como reaccionaron os pais? Imitáronnos? Como foi a reacción das súas amizades? …). A experiencia está dirixida a alumnos de 3º ESO e a súa contorna.

Obxectivos:1, 3, 5, 7, 11, 13, 14, 15, 18, 19, 20, 23, 24, 25.

  • Semana das Letras Galegas

Dende o EDLG organizaremos unha semana dedicada ás Letras Galegas. Alcanzaremos todas as etapas educativas e colaborarán connosco todos os departamentos, profesorado e persoal non docente. Incluso contaremos coa colaboración do conservatorio de Música e do grupo da actividade de danza. Música, danza, murais, vídeos, lectura de poemas de Luísa Villalta, videopoemas, carteis, 2ª edición do festival Letras Galegas, divulgación na rede… forman parte do planificado.

Obxectivos: 1, 3, 5, 6, 7, 8, 9, 11, 12, 13, 14, 16, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25.

  • Blog de Dinamización

A partir deste curso contamos co noso propio blog, antes participabamos no blog xeral do centro, principalmente escrito en castelán. O enderezo do noso blog é blogengalego.liceolapaz.com. Nel iremos publicando toda a información do que vaiamos facendo, recibindo ou que consideremos de utilidade para difundir a lingua e a cultura galegas.

Obxectivos: 1, 3, 4, 9, 15, 16, 17, 18, 20, 24.

  • Proxección de vídeos, documentais, música en galego

Dende o EDLG aportaremos información a todo o profesorado de contido en liña relacionados coa lingua e difusión da cultura galegas. Para este labor contaremos co apoio inestimable do departamento de Lingua Galega.

Obxectivos: 5, 6, 7, 9, 11, 12, 13, 18.

  • Podcasts en galego de Radio Liceo

Todo aquela persoa da comunidade educativa que queira participar na divulgación da lingua galega será invitado a intervir nos podcasts que se cren en lingua galega na emisora que se creou o curso pasado.

Obxectivos: 1, 3, 5, 6, 8, 12, 13, 14, 15, 16, 19,  20, 21, 23, 24, 25.

  • Colaboración coa Residencia de Maiores Concepción Arenal de Matogrande

Moito se está a falar dos grandes esquecidos da nosa sociedade, os nosos avós, o noso EDLG propón colaborar co centro de maiores, xusto en fronte do noso centro, para que uns maiores poidan vir a contar contos e  lendas populares, as súas lembranzas doutra época ou simplemente cantar canción populares. Escollemos para facelo a semana das Letras Galegas.

Obxectivos: 2, 4, 14, 15.

  • Publicación e promoción na páxina web do EDLG de certames ou premios de interese para a comunidade educativa procedentes doutros centros, institucións, asociación… externas ao centro.

Toda a información pertinente e referente a premios e certames relacionados coa lingua galega que chega ao noso equipo será divulgado na nosa páxina wéber para interese de todos os membros relacionados co noso centro educativo.

Obxectivos: 1, 2, 17, 18, 24, 25.

  • Inscrición no proxecto de Radio Líder “Galego nas aulas”.

A emisora escollerá por sorteo 6 centros entre todos os inscritos para elaboras un programa radiofónico que en palabras da emisora “unha proposta innovadora e multimedia dirixida a fomentar o uso da lingua galega entre o alumnado de 1º e 2º da ESO. A iniciativa levará a radio aos centros educativos, ofrecendo un espazo de expresión que permitirá potenciar o uso do galego entre os máis novos”.

Obxectivos: 1, 6, 7, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 23, 24, 25

  • Colaboración con outros EDLG.

Achegar a quen corresponda toda a información e proxectos que nos envíen  outros equipos de dinamización ou o SXPL e corresponder, asemade, con eles enviándolles os nosos.

Obxectivos: 1, 2, 17, 18, 24, 25.

paged
Loading posts...
link_magnifier
#6E787E
off
fadeInUp
loading
#6E787E
off