28
oct

Do 12 ó 18 de outubro celebramos no Liceo La Paz os Erasmus Days. Unha semana adicada a promover os valores de internacionalización, sostenibilidade e cooperación do programa Erasmus+. Unha iniciativa chave para fomentar a internacionalización e fortalecer o compromiso do centro coa mobilidade educativa.

 

Durante estes días, procuramos sensibilizar a estudantes e docentes sobre os beneficios dos intercambios e experiencias internacionais a través dos programas Erasmus+. As actividades incluíron obradoiros, conferencias e unha limpeza da Cala de Bens o 12 de outubro. Ademais, realizáronse varios eventos para chegar a tódolos niveis educativos: Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e FP, facendo especial fincapé nas oportunidades de mobilidade para Formación Profesional e as experiencias de jobshadowing para docentes.

 

En particular, o alumnado do noso Ciclo Superior de Educación Infantil, realizou uns obradoiros dirixidos aos nenos de Educación Infantil do Liceo, con temática de sostenibilidade e diversidade.

 

Entre as actividades que fixeron había obradoiros sobre a reciclaxe, a reutilización de material de desfeito reconvertido en xoguetes, as diversas familias e culturas que existen…

 

Este tipo de iniciativas permiten aos estudantes de FP Liceo La Paz enriquecerse a través de experiencias internacionais, e para o resto da comunidade, consolidar a dimensión europea da aprendizaxe.

 

0 No comments

Comments are closed.