O equipo de Infantil viviu unha experiencia divertida e inspiradora na formación dos Polos Creativos, onde exploramos ferramentas que fan da aula un espazo máis vivo, creativo e motivador.
Coñecemos a Mr. Beam, unha cortadora láser coa que podemos deseñar e crear materiais únicos: xogos, puzzles ou recursos manipulativos feitos á medida do noso alumnado.
Tamén nos achegamos ao mundo da robótica e das construcións creativas, cunha chea de propostas lúdicas que encaixan perfectamente en Infantil. Probamos robots como EaRL, Matatalab, VinciBot ou Photon, ideais para introducir a programación dun xeito divertido. E xogamos con materiais como Kapla, Korbo ou MagMaster, que estimulan a imaxinación, a lóxica e o traballo cooperativo.
Un auténtico universo de aprendizaxes activas e manipulativas, onde o xogo, a creatividade e a tecnoloxía danse a man… Temos moitas ganas de poñelo en práctica co noso alumnado!
Comentarios recientes