A visita da unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) ó noso Centro do pasado mes de febreiro xerou un total de 71 doazóns de sangue, cas que se acadaron glóbulos vermellos para 35 intervencións cirúrxicas ou 7 transplantes de órganos e plaquetas para axudar a 14 doentes a loitar contra o cancro ou a leucemia.
A ADOS leva acudindo coa súa unidade móbil ó Liceo dende o ano 1997 e, ao longo destes anos, acadáronse un total de 704 doazóns.
As persoas que doan sangue forman parte da sanidade. Están presentes nas intervencións cirúrxicas, cando atenden a unha persoa que sufriu un accidente de tráfico, cando axudan ás persoas con cancro ou leucemia, nos transplantes de órganos… Grazas ás doazóns pódense desenvolver máis de 210.000 intervencións cirúrxicas, máis de 1 millón de urxencias e máis de 350 transplantes de órganos cada ano nos hospitais galegos.
O noso sincero agradecemento a alumnos, profesores, persoal non docente e veciños do barrio de Matogrande pola vosa sempre desinteresada solidariedade.
Grazas por doar saúde!
Comentarios recientes