02
nov


O CPR Plurilingüe Liceo La Paz está a colaborar, xunto co Concello da Coruña e outros municipios de España, UNICEF, a Asociación Internacional de Cidades Educadoras, e os equipos de investigación da UNED  e das Universidades de Barcelona, Sevilla e A Coruña, no Proxecto Infancia e Participación por unha cidadanía activa e inclusiva.

 

A investigación ten o propósito de avanzar no exercicio da participación da infancia na súa cidade e na súa inclusión como cidadanía activa, así como fortalecer as formas e as prácticas de participación do colectivo infancia e adolescencia nos municipios.

 

Neste momento estase a iniciar un proceso investigador para coñecer a realidade coruñesa neste ámbito mediante a realización dun cuestionario en liña destinado a rapaces e rapazas de 10 a 14 anos de idade.

 

Aquí podedes ver un video explicativo, así como o consentimento informado para nais e pais e o propio cuestionario en liña que deben cubrir os menores vía online. O prazo para cubrilo sería dun mes, estaría aberto ata finais de novembro.

 

Podedes ler máis información sobre o proxecto nesta LIGAZÓN.

0 No comments

Comments are closed.