Onte 4 de setembro de 2019, publicáronse nas oficinas dos rexistros municipais, taboleiros de anuncios dos centros cívicos municipais, no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, na páxina web municipal da área dos servizos sociais e no teléfono de información cidadá 010 do Concello da Coruña, as listaxes provisionais de admitidas/os e excluidas/os da convocatoria do Programa de Bolsas de Comedor do Concello da Coruña para o curso 2019-2020.
Nesta listaxe indícanse as causas de exclusión e concédese un prazo de 10 días hábiles para emendar a documentación as persoas que teñan un requerimento dela, que será do 5 ó 18 de setembro de 2019.
A información pódese obter na web municipal de servizos sociais, no teléfono 010 de información cidadá e nos centros cívicos municipais.
Comentarios recientes