Por primeira vez, o venres 21 de xuño, a Universidade da Coruña organizou a MEGABAU en colaboración coas outras dúas universidades públicas galegas e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
O estudantado premiado e a Coordinadora de Bacharelato, Carolina Montes, acudiron ó acto para recibir unha homenaxe polo seu esforzo e traballo demostrado nas probas ABAU.
Compartimos con vós unha selección de fotografías xerais do acto e as dos nosos alumnos Iago, Álvaro, Alba, Silvia e Karla, e a ligazón do vídeo completo do evento para que teñades un bonito recordo dos momentos vividos (o Liceo sae a partir do minuto 33).
Noraboa a todos!
Comentarios recientes