26
jul

Catorce dos nosos alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato, recoñecidos onte pola Universidade de Santiago de Compostela, xunto a 1.031 estudantes galegos por acadar unha calificación superior a 9 na parte obrigatoria das probas ABAU 2020.
 
O acto conmemorativo celebrouse no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, no que 20 estudantes, en representación de todo o alumnado premiado de Galicia, recolleron presencialmente os seus diplomas. Os demais homenaxeados/as estiveron presentes de xeito virtual mediante 75 orlas, que foron proxectadas durante o acto. Cada un deles foi nomeado no acto e recibiu no seu domicilio o seu diploma conmemorativo.
 

 

Toda a información sobre o evento está dispoñible na seguinte ligazón da USC.
 
Moitos parabéns a María Canosa, Sergio Carballeira, Mencía Ces, Javier Eiroa, Elena Garrido, Lucía Lorenzo, Ángel Méndez, Antía Pazos, Cristina Pérez, Miguel Portela, Sara Prieto, Jaime Sanmartín, Laura Santos e Martín Omil!

0 No comments

Comments are closed.