11
may


A delegación coruñesa do Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol concedeu á Agrupación Deportiva Liceo a distinción de Clube máis deportivo, galardón que recolleron os nosos directores D. Antonio Pintor e Dª María Luísa Pérez-Roca nun evento celebrado o luns 9 de maio no salón de actos do Centro para conmemorar o centenario da creación do colectivo arbitral galego.

 

Dª María Luísa, na súa emotiva intervención, felicitou ó CTGAF polos seus cen anos de actividade e agradeceu, en representación da Agrupación Deportiva Liceo, este significativo recoñecemento do ente arbitral aos valores e actitudes dos nosos equipos (xogadores, adestradores e pais) que consolida e estimula os obxectivos e contidos do proxecto pedagóxico do Liceo La Paz no eido deportivo-educativo.

 

Ó acto acudiron Roberto García, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta, Mónica Martínez, Concelleira de Deportes do Concello de A Coruña, María Rivas López, subdelegada do Goberno en A Coruña, Francisco Javier Jambrina, Coronel Xefe da Comandancia da Guardia Civil, e José Ramón Rioboo, Alcalde de Culleredo.
 
Imaxes: CTGAF

0 No comments

Comments are closed.