Os días 21 e 22 de abril celebrouse na sede do Parlamento Autonómico de Santiago de Compostela a fase final do Torneo de Debate Parlamento Xove 2017. Tras clasificarse para a fase final, os nosos alumnos Daniel Verdía, Uxía Otero, Tomás Vázquez e María Gracia Blanco, fixeron un gran papel aínda que non conseguiron pasar a semifinais.
Nesta ocasión, ante a pregunta “¿Deberiamos restrinxir o acceso a Internet para aumentar eficazmente a seguridade dos adolescentes?”, o noso equipo defendeu a postura a favor nun interesante debate.
Ao finalizar a competición, os nosos alumnos manifestaron nunha entrevista na Radio Galega que, aínda que non pasaran a semifinais, pagou a pena a experiencia por todo o que aprenderan.
Comentarios recientes