11
mar

O sábado 9 de marzo, o equipo formado por Alejandro Rouco, Claudio Reboredo, Víctor Pombo (4º de ESO) e Alicia López (3º de ESO), representaron ao noso Centro na décima edición do Torneo de Debate Parlamento Xove no Centro Residencial Docente de Culleredo.

 

O noso equipo enfrontouse ao IES Muralla Romana (Lugo), Maristas A Inmaculada (Lugo) e IES Miguel Ángel Estévez (Vilagarcía de Arousa), en tres interesantísimos debates que trataban de responder á pregunta Deberiamos unificar as políticas de acollida de persoas refuxiadas en todos os estados membros da Unión Europea?

 

Pese a ter conseguido unha excelente puntuación, o noso equipo non acadou pasar á fase final, que terá lugar en Santiago na sede do Parlamento de Galicia na data que se nos indicará oportunamente.

 

Queremos destacar o impecable papel que o noso alumnado desempeñou durante toda a competición e animámolos a seguir  con este gran traballo.

 

0 No comments

Comments are closed.