O sistema educativo ten un papel de máxima relevancia na adquisición das competencias necesarias para que a cidadanía poida participar na vida social, económica e civil. Para abordalo, a educación dixital debe abrirse plenamente á comunidade e cooperar con todos os axentes educativos, tecnolóxicos e culturais.
A Estratexia de Galicia Dixital 2030 da Xunta de Galicia e a Estratexia Educación Dixital 2030 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades promoven a consecución dunha cidadanía dixital plena a través do fomento e desenvolvemento dun ecosistema educativo dixital de alto rendemento e a perfección das competencias e capacidades dixitais para unha verdadeira transformación dixital.
O recentemente aprobado Plan de nova arquitectura pedagóxica recolle a decisión da Consellería de incluír espazos propios para o desenvolvemento destas actividades. Isto supón, en definitiva, a adaptación dos espazos educativos ás necesidades metodolóxicas presentes.
Esta orde do 11 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións públicas, en réxime de concorrencia non competitiva, a centros privados sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, sirve para dotar ás aulas de medios dixitais, financiados polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU Da resposta á necesidade de dispoñer e aproveitar recursos tecnolóxicos que permitan a mellora e o avance cara a unha educación de calidade que se reflicta nos procesos de ensino e aprendizaxe a través da posta á disposición da dotación tecnolóxica nos centros educativos, que permitan a docentes e alumnado un acceso a medios dixitais apropiados para o ensino e a aprendizaxe, posibilitando un desenvolvemento competencial no alumnado que abarque todas as competencias do currículo e, neste caso, especialmente a competencia dixital necesaria para unha integración adecuada na sociedade e no mercado laboral do século XXI.
Esta dotación non só facilitará o ensino e a aprendizaxe con medios dixitais de forma xeneralizada nos centros educativos, senón tamén a distancia, posibilitando as modalidades mixtas de ensino.
Esta actuación contribúe ao logro do obxectivo relativo á aprobación da avaliación do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España (Council Implementing Decision-CID) e correspóndese co investimento 2 deste compoñente (C19-I2), referido á transformación dixital da educación, que prevé a instalación, actualización e mantemento de sistemas dixitais interactivos (SDI) en aulas nos centros públicos ou subvencionados con fondos públicos co fin de permitir a aprendizaxe a distancia e mixta.
Gracias a esta dotación, o noso Centro contará nas nosas aulas de Infantil, Primaria e ESO con paneis SDI (sistema dixital interactivo), financiados polos fondos NextGenerationEU, a través dos créditos orzamentarios da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Nestas semanas, o noso equipo de mantemento instalou os 61 paneis dixitais interactivos de 75» con sistema de ancoraxe á parede. Estes paneis de vídeo con pantalla táctil permiten actuar sobre a imaxe mediante o dedo ou un punteiro.
A mellora é considerable, e os nosos alumnos xa se moven nos paneis coma peixes na auga!
Comentarios recientes