09
mar


Cruz Vermella desenvolve o Programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, e dende o Liceo La Paz queremos axudarlles a dar a coñecer a medida de acollemento en familia allea, porque hai nenas e nenos que, por diversas problemáticas dos seus pais, necesitan un fogar temporal, e son necesarias persoas dispostas a proporcionarllo mentres se solucionan as circunstancias que lles impiden vivir coa súa familia.

 

Actualmente teñen en marcha a Campaña de acollemento familiar: Querer é poder coa que queren dar a coñecer esta realidade e  contan coa nosa colaboración para facervos chegar esta mensaxe a tódalas familias do Liceo, para que coñezades a posibilidade de ser familia acolledora.

 

Se pensas que podes axudar a mellorar a vida dun neno ou nena durante un tempo, solicítalles información cubrindo este FORMULARIO, estarán á vosa disposición para resolver calquera dúbida e guiarche no proceso.

 

Animámoste a ver este vídeoconto cunha bonita historia do Programa:

 

0 No comments

Comments are closed.