23
jun
A alcaldesa da Coruña recibiu onte ó noso alumno de 2º de Bacharelato, Diego Parada, xunto a outros 13 alumnas e alumnos doutros centros educativos da Coruña, por obter un dos mellores expedientes nas probas ABAU. Recomendoulles non perder a ilusión e a cultura do esforzo, fundamentais para o día a día.
O noso alumno, aparte de ter unha media excelente, ten participado exitosamente nalgúns certames literarios, en varios Torneos de Debate e no concurso Inspiraciencia.
Parabéns Diego!
Comentarios recientes