Se estás pensando en estudar un idioma, aquí tes as razóns para elexir o alemán no noso Centro ou na ESID:
- Porque son moi poucos os centros públicos os que ofertan este idioma en Galicia.
- Porque é un dos dez idiomas máis falados do mundo. Dos 120 millóns de persoas que o falan, uns 95 viven en Europa.
- É unha das linguas estranxeiras máis populares do planeta: apréndeno 20 millóns de estudantes e, ademáis é, despois do inglés, a segunda lingua máis usada en internet.
- Saber alemán mellora as oportunidades nos estudos universitarios xa que é unha lingua moi importante no campo científico.
- Os países de lingua alemá ofrecen unha cantidade xenerosa de bolsas para ampliar estudos nas súas prestixiosas universidades, e dispoñen tamén de programas de intercambio dos que poden beneficiarse aqueles estudantes que falan alemán.
- O alemán abre moitas portas no mercado laboral porque é unha lingua comercial moi importante da Unión Europea. Alemaña é unha das grandes potencias económicas do mundo e son cada vez máis numerosas as empresas que necesitan e valoran moi especialmente os profesionais con coñecementos de alemán.
- Saber alemán abre enormes posibilidades no sector turístico, porque os cidadáns dos países de fala alemá son os que máis invisten en turismo e moitos deles deciden visitarnos.
Non teñas medo, non é verdade que o alemán sexa un idioma máis difícil ca outros e ademáis, no Liceo La Paz non só estudamos a lingua, senón que tamén facemos diferentes actividades lúdicas para achegarvos á cultura e ás tradicións alemás e para iso contamos sempre con actividades complementarias para o seu mellor coñecemento tanto da cultura como da lingua: festexamos o Sankt Martin (San Martiño); en Nadal facemos un calendario de advento; en Pascoa pintamos ovos, buscamos no claustro os Schokoeier (ovos de chocolate)…
E en cursos superiores facemos outras actividades como exposicións, participamos en ciclos de conferencias, intercambio de e-mails con alumnos dun instituto alemán, viaxes culturais a Alemaña ou Austria, e intercambios dunha semana ou de larga duración cun instituto dunha cidade alemana chamada Walldorf.
Preparamos ademáis ao alumnado para poder presentarse aos exames oficiais de Goethe Institut a todos os niveis, acadando en Bacharelato o nivel B1/B2.
Esperámoste nas clases de alemán!
Comentarios recientes